Ás veces é mester cambiá-lo todo para que nada cámbie. Por iso a sustitución do vello título da bló, por un novo título que alude xa a chegada, a estáncia, a permanéncia: Ulises, Robinson, ou Kaplan, terminou o seu longo camiño de experiéncias feito, e agora vive entre os seus parentes.Pero o motivo de romper amarras non é realmente este. No post anterior xa eu oscilava entre seguir adiante ou parar, perante a presión que supuña saber que a bitácora fora descuberta novamente por unha das suas personaxes.
Pois ben, existia unha terceira via: cambiando o título e o enderezo, a illa seguirá existindo, pero xa non darán con ela facilmente os que a procuren a barlovento dos horizontes.
Será como volver empezar, outra vez nun meridiano innumerado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario