Post coitum, post mortem, post natalem.Hai sempre que bulir despois, para evitar a tristeza: desmontar a árvore (repentinamente virada un estorvo no salón), preparar clases (confeso que até hoxe no traballo non lembrei que impartia nen as caras dos meus alunos, canto máis os seus nomes), e limpar a casa, e pasar o ferro a algunha roupa indispensável.
Recolocar-me, en suma, axustando o meu horário ás abomináveis 7 da mañá en que o relóxio me pon a andar cada dia desde hoxe.
Asistin con lástima ás progresivas despedidas de Nican, de Fesore, de Tere Holmes para os seus respectivos pontos cardinais, rexistrei para a história que eu xa non me irei, que por primeira vez en catorce anos nengunha fria casa espera por min tras as vacacións.
E non direi, non, que non me pesa (tristemente, un pouco) porque ainda sinto o punxir do ollar dos meus amigos cando mo escuitaron dicer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario