Ando a ler O camiño da guerra, de Jean Guilaine e Jean Zammit, e despois de ler o último post do excelente Dot, e un doloroso e perplexo post do amigo Cláudio, volvo ao prefácio para atopar o seguinte: "Perfilla-se a idea dunha humanidade pre-histórica que non foi sempre nen tranquila nen solidária".E aqui e agora eu pregunto: de que momento da nosa história, da nosa experiéncia, ou mesmo da nosa própia vida podemos supoñer nada diferente?
Peden-se orientacións respeito, asombrado como estou perante tamaña inxenuidade.
Nota: o cabaleiro da esquerda parece-se sospeitosamente ao meu tio Henrique (vaia, só lle falta a gravata)
Ningún comentario:
Publicar un comentario