Disque dunha boda sai outra boda, e eu coñezo polo menos unha da que saíu un divórcio; que sairá da boda de onte é algo que o tempo se encargará de aclarar.Como na máis delirante alucinación, Alícia atopou unha alma xémea en Mortadelo, un antigo noivo, longarelas, gafotas e divorciado, e desde que se atoparon ás portas do Concello xa non se separaron, nen no banquete nen no bailongo posterior.
Nen no que houvese posterior ao bailongo posterior, cando Alícia se me achegou, alisando a saia champagne e recolocando o escote palavra de honor, para dicer-me que ían a un sítio máis tranquilo, que o estava a pasar bárbaro, e que case quedava. Xa me apañarei mañá para volver, a ver, un biquiño. Mortadelo, desde a porta, dicia-me adeus coa mao.
E eu, deste lado do espello, ainda dei unhas chupadas ao puro antes de regresar, perplexo, a Ithaca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario