Pede-me Vapin que lle piratee vários discos con música e pélis; unha vez que me vexo montando un taller clandestino de manta na casa, aproveito e collo no videoclube Brokeback Mountain, que non vira, e empezo a copiar, mui tarde, pasada a meia noite.Para o meu desencanto, non son capaz, asi que esta mañá teño que tragar o meu orgullo: pido-lle socorro a Vapin e hei de escuitar como paternalmente me chama inútil e abandonado.
Volvo para a casa remoendo, como un neno, na procura de habilidades que eu teño e Vapin non: sei conducir e el non, podo dar unha clase a trinta neanderthais de 3º de ESO e saír indemne e el non, sei facer círculos concéntricos co fume do cigarro e el non, podo enumerar de memória todos os reis e presidentes de Portugal, de Afonso Henriques a hoxe e el non.
Estas son as catro que atopo, e con elas unha evidéncia: que a miña estupidez ás veces é infinita e a del tamén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario