xoves, 20 de xullo de 2006

Construción


Como ía eu supor que a visita á nova casa en obras abriria a caixa de Pandora?
Desde hai tres dias estou nunha agonia por culpa dos azulexos dos baños, por culpa da ducha, pola cor das paredes, devido á falta de comunicación entre o amargado que me atende na construtora e o encargado da obra, que directamente me ódia.
Á miña volta rivalizan familiares e amigos, que me abouxan cos seus consellos. E isto, señores, non fixo máis que empezar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...