Após os tradicionais ola ou que hai ou como estás, da boca dos meus amigos e da miña imediatamente sai unha pregunta cando nos vemos, e é que tal teus pais?
Supoño que últimos meses non foron bons: deixaron tristes presentes ás nosas portas: unha cadeira de rodas para o pai de Ti, máis quimioterápia para o de Vapin, unha nova cadeira que non vai ben para a mai de Nican e unha operación nos ollos para a miña.
E supoño tamén que, en realidade, o que en todas todas todas as portas estes meses deixaron foi un ano máis e outro en camiño.

Ningún comentario:
Publicar un comentario