Niso estamos: no malestar, no mal-humor, nas maos inquietas polos petos, na tose, no insómnio, na gorxa seca...Até agora (6 dias despois) parece que ninguén reparou (será certo que afinal nen a família nen os amigos saben que existo?), ainda que, convertido nun abominável Mr. Hyde, cada noite libero os máis baixos instintos e violo algunha bolsa de pipas ou patacas fritas para inutilmente suplir a nicotina.
Recoñezamo-lo: fumar é muito máis elegante. E non engorda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario