Da solta masiva de livros para o bookcrossing de onte, e despois de rifar cun velliño intolerante que parecia clonado da xeración Nós, volvo para a casa coa miña filla, cun livro de Mendicutti, co livro que colleu ela, e tamén cun problema: a miña filla non está disposta a liberar nengun livro, por muito que o teña lido.Algo haverá que facer, claro; talvez funcione a hipnose.
De todos xeitos, considero que unha liberación masiva como a deste finde vai contra o mesmo espírito do bookcrossing e as razóns ocultas, soterradas, secretas do que solta un livro á espera, non de estender a leitura, senón de que faga mundo, e de mao en mao, de leitor en leitor, dea cun acubillo definitivo ou acabe retornando acaso á mao primixénia.
Sen pedagoxia, por aventura.
Como este mesmo blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario