Adverténcia: automedicar-se pode traer graves complicacións. Non se automedique!Dito isto, engadirei que, como un non pode enfermar en Domingo ou terá que ir ás urxéncias, levo todo o dia sendo automedicado polo meu amigo Polis, que non é médico nen fruteiro senón avogado.
Levava sen ve-lo desde que eu tiña ainda 40 anos, pero ao saber hoxe os meus quebrantos apareceu cuns supositórios que a el lle foron excelentes, unha crema, un blister de nolotis e unha pequena manta eléctrica. Non houvo resisténcia que valese: puxen o supositório, mentolei a zona, e a calor, a butaca e un par de cápsulas fixeron o resto.
Como era mellor non saír, Polis encargou-se do xantar, ou máis precisamente de que no-lo trouxesen dun chinés, e entre o pan de gambas, o chop-suey, o arroz tres delícias e o resto, entregou-me o seu regalo.
O último que recibirei, e o que máis me vai dar que pensar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario