A mancha australiana do meu teito transformouse nun gris e húmido continente africano (sen Madagascar) que avanza polo Norte en dirección á lámpada.
Á aprensión desta noite sucederon os contactos e as negociacións que están a converter o meu cuarto non sei moi ben se nun museo se nunha capela ardente; até agora, por aquí pasaron xa os viciños do quinto B (os donos) e os do quinto C (os colaterais), a presidenta da comunidade, a dona da casa, dous fontaneiros, e até a Pepiño Blanco, supoño que para levantar acta, co cadelo no colo.
Diagnóstico: unha fenda no piso da terraza que a ninguén prexudica salvo a min. Mañá virá o perito do seguro.
Tamén é mala sorte: despois de case dous anos vaise abrir esta fenda precisamente cando só me restan unhas poucas semanas de vivir aquí.

Ningún comentario:
Publicar un comentario