xoves, 9 de abril de 2009

Enquisas

Se hai algo que á señorita Kaplan lle gusta máis que os debuxos animados, os libros de Kika Superbruxa, as patacas fritas ou os chicles de melón (pode mesmo que máis que comer cos dedos) iso é, sen dúbida ningunha, responder as enquisas dos xornais.
Así que estes días cando a chamaba para algo podía ser que viñese ou non, como sempre, segundo o que estivese a facer ou o vento que zoase; pero bastaba con berrar Enquisa! e nun segundo estaba a nena na porta do estudio como se tivese o software programado.
Pouco importaba que a pregunta fose sobre as cámaras na rúa, unha retirada de tropas ou se estaría ela disposta a consumir produtos caducados: a señorita Kaplan respondía sempre cunha seguranza, unha afouteza e unha apertura de horizontes que xa quixera eu para min.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...