venres, 29 de maio de 2009

Monseñores

A teoría de Polis é que, á forza de contelo polos votos, aos cregos e monseñores o esperma agríaselles e acaba por subirlles á cabeza, coma un viño ruín, e deterióralles gravemente o sentido común.
A miña teoría é que, á forza de especular sobre os designios divinos, pontificar sobre a natureza humana da que eles por definición só coñecen unha parte, e administrar o Reino dos Ceos milimetrando as culpas e as debilidades dos demais con minuciosidade de ourive ou alquimista, a moitos cregos e monseñores a palla no ollo dos outros non lles deixa ver as moitas trabes do propio.
Eu non sei canto pode entender o tal monseñor de abortos ou de abusos a menores para opinar e establecer un ranking, pero penso que relacionar unha cousa coa outra é, máis do que unha desafortunada estupidez, unha maldade que non ten perdón de Deus.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...