Comparto con algunhas amigas a opinión sobre o ramalhete rubro das papoulas que abre Ithaca desde hai algúns días, e tamén confeso que é unha das flores que máis me entusiasma atopar cando vou ao traballo ou naqueles prehistóricos paseos por Mouse Park: tanta fraxilidade, tanta humildade nacendo ás veces entre ferros vellos, lixo ou bidóns abandonados, e ao mesmo tempo tanta teimosía por madrugar cada Primavera conmóvenme ano a ano máis profundamente.Sen embargo, estas son do ano pasado: inutilmente esperei que asomasen na mesma rotonda, que as choivas converteron nunha selva de gramíneas; hai días que os xardineiros municipais pasaron a desbrozadora, e a ilusión das fráxiles corolas vermellas feneceu coma morren os soños ao acordar pola mañá.
Pero fican as do ano pasado, consolo deste e esperanza do que vén. Gozádeas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario