Polis coñece un tipo que está casado coa irmá dunha muller que ten un bar no centro onde serve cafés e bocatas un inmigrante sudamericano que ten un irmán que é amigo dun fulano que pinta casas, e que non importaría nesta estúpida cadea se non fose porque está casado cunha tal Carme, ou Menchu, que traballa nunha perruquería onde tamén traballa a cuñada dun libreiro que lle conseguiu a Polis un exemplar do terceiro libro da triloxía de Larsson dous días antes de que se poña á venda.
Ao mellor entendín mal porque estaba sumando notas, e pode que en realidade Menchu sexa unha inmigrante que é cuñada dunha muller que pinta casas, ou que serve sudamericanos e cafés nunha libraría; dá o mesmo: molestar medio censo por ser o primeiro en ter o libro que todo o mundo comprará desde mañá é unha das más grandes frikeces que lle coñecín a Polis (e coñecinlle moitas).
E tamén a demostración de que esa teoría de que, no mundo da globalización, todos estamos a seis pasos de calquera outra persoa viva, é clamorosamente falsa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario