mércores, 6 de xaneiro de 2010

Western Spaghetti

Á señorita Kaplan unha peli, dous libros, dous ovos de dinosaurio con dinosaurio dentro para armar, unha toalla molona, unha luva de baño e unha cámara de fotos das de verdade.
A un servidor, unha bonita xerra negra daquelas de Gundivós para a colección, e a serie completa de marras.O saldo, positivo apesar da crise, parece indicar que os Kaplan aínda foron boíños o ano pasado a ollos das SS.MM. de Oriente, e iso cómpre sempre celebralo na cociña e con animación.
Que aproveite!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...