luns, 14 de xuño de 2010

Alicia, de Tim Burton

Sempre hai unha primeira vez para todo. Para que conste, o Sábado á tarde a señorita Kaplan (a quen por certo lle tremían as pernas cando entramos) e eu asistimos á nosa primeira proxección cinematográfica en tres dimensións: a Alicia de Tim Burton, incuestionablemente del e non tanto do reverendo, e na que a escape (nesta peli todos corren) recoñecín sabores doutras películas, coma un dejà vu.
Esta vez levábamos víveres do super, e de cando en vez na penumbra da sala vacía (só éramos seis espectadores coas nosas respectivas gafas), a nena e eu ollabámonos através daqueles óculos como de buzo ou astronauta.
A película gustoume, en xeral, pero o das tres dimensións pareceume un pouco claustrofóbico e completamente innecesario e prescindible; en resumo, unha moda pasaxeira.
Sei que isto mesmo xa antes o dixeron do cine sonoro e logo do colorín, pero así e todo eu voume arriscar a deixalo por escrito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...