- Comprar sen falta hoxe os billetes de autobús para Madrid; de camiño, encomendarme a algún santo de amplo espectro para que a folga de metro non interfira na nosa chegada ao aeroporto.
- Comprar dunha vez o Mp3: o outro está tan perdido que nin a miña mai co responso de Santo Antonio puido botar algunha luz sobre o misterio da súa desaparición. Evidentemente, esta vez comprarei algo pequeniño, algo baratiño... etc.
- Comprar paracetamol e os carameliños aqueles de marras (asumamos que son un adicto lambisqueiro e que en Estambul xa se sabe).
- Aparcar os respectivos temas do dentista e o mecánico do coche para cando volte: pagar a viaxe, a baixada do soldo, a suba do IVE e outros números bloquean a miña capacidade de cálculo e agárranme á carteira con teimosía de náufrago.
- Ir cortar o pelo; antes, recortar a barba sen esquecer nariz, orellas e outras zonas abruptas; despois, non esquecer os peliños que asoman do nariz, como patiñas de insecto, e se disparan nas cellas.
- Levarlle á miña sobriña o bonsai; insistir na rega diaria e en que non lle dea o sol. Evacuar as plantas todas para a cociña. Ir levando á dos meus pais a equipamenta da cadela, incluír a documentación e a guía do veterinario, por se acaso.
- Facer un novo cabezallo do blogue para os días turcos.
- Consultar os partes meteorolóxicos e a información sobre a folga do metro nos próximos días.
- Chamar a Polis, Tere Holmes e Calmo para despedirme; tamén a May e Nican, máis que nada por se lles dá por apareceren contando con atoparme.
- Ingresar a pensión da señorita Kaplan e retirar pocket money.
venres, 2 de xullo de 2010
Preparativos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Gorxa
Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...
Ningún comentario:
Publicar un comentario