Comeza Novembro co habitual labirinto das pequenas liturxias imprescindibles: retrasamos unha hora os reloxios (aínda algún haberá pola casa coa hora vella), levamos flores ao cemiterio apesar da alerta por ventos fortes e choiva, pensamos en magostos e viño novo, escoitamos as aventuras da señorita Kaplan no Samaín da escola, lembramos os mortiños familiares, miramos con resignación o calendario, a tiro de catro días para outro lastro, e entre libros e pelis buscamos con que celebrar o inicio deste bendito mes.
A curtametraxe, moi laureada no seu día, axuda a reflectir sobre o dereito a morrer dignamente.
Por moito que algúns teimen en negalo, non hai nada máis natural nesta vida que morrer; médicos, pacientes e familias alíanse para gañar batallas, unha e outra vez, pero habitualmente esquecen que a guerra está perdida de antemán e que a mellor saída é sempre aquí a rendición digna, incruenta e sen sufrimento.
A que desexo para min e para os que eu quero.
A que desexo para min e para os que eu quero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario