Prometo solemnemente que esta é a última listaxe, que non vai haber máis balances despois deste das lecturas do último semestre do ano pasado, que a partir de agora e no que respecta a este blogue o 2010 será esquecido e arquivado para sempre baixo sete chaves.
O primeiro dos libros empeceino in situ, precisamente: Estambul. Ciudad y recuerdos, de Orhan Pamuk. A el seguiron La leona blanca, de Henning Mankell; O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro (de quen por certo Settecento me espera na mesa de noite); En tierras bajas, de Herta Müller; Klaus Nowak, limpiador de alcantarillas, de Pedro Mañas Romero; Akhenatón, de Naguib Mahfuz; Salitre, de Jaureguízar; Los gritos del pasado, de Camilla Läckberg; En castellano no hay problema, de Carlos Callón; Los detectives salvajes, de Roberto Bolaño; Xela volveuse vampira!!!, de Fina Casalderrei e Noemí López; e La guerra civil española, de Antony Beevor, que non pasará desta semana.
Palabra.

Ningún comentario:
Publicar un comentario