A idea era pasar os festivos con Haddock na Comarca, despois de marchar a señorita Kaplan.
Ao final non foi posible porque Haddock tiña con el a filla nos festivos e non había cama vacante, así que onte chamei para facer a reserva e asegurarme os Maios en primeira fila.

Falamos de catarreiras, como a que lle asoma polo teléfono, do regreso ás aulas, do absurdo de que nun estado laico teñamos que contar coa Pascua para organizar o curso, da última viaxe dos meus pais.
Supoño que aí, ao falarmos de Italia, foi cando me dixo que non pode facer plans de fugas por se se ten que ocupar da nena a tempo completo, e é que a Salce, a ex de Haddock, lle descubriron hai poucos días un nódulo, moi pequeno, esta vez no fígado, e empezou (ou vai empezar) coa quimioterapia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario