O proceloso asunto do contrabando de musgo solucionouse metendo no allo a Herg, que xentilmente se ofreceu a traerme algún do que lle medra no muro da parcela; o substituto de Ciencias, que casualmente escoitou o complot criminal, debullou para nós unha interminable listaxe de plantas, réptiles, anfibios, insectos e outras cousas protexidas, máis ou menos repugnantes, sen que polo momento nos teña denunciado.
Así que, desde este fin de semana, o bonsai, que sobreviviu á mudanza e aínda se repón do trauma, luce xa unha vistosa alfombra de estraperlo e saúda timidamente a primavera con broches de folliñas verde claro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario