Despois destes fríos, hoxe o día está tan soleado que me dá pena seguir encerrado na casa, debruzado sobre o mar de exames que estou a corrixir, mentres desde a xanela vexo romanos e romanas de medio pelo dirixíndose á urbe, plenamente actualizados pero polo menos sen levaren as bolsas do Gadis, como onte.
Desde que o Venres fun á consulta co papeliño en que tiña anotados os valores diarios da miña tensión e me receitou un diurético, vou ao wc máis veces que un xubilado.
A señora doutora, arxentina probablemente, quitoulle ferro ao asunto, pero falou xa de dieta e ordenoume facer unha ecografía abdominal e análises de sangue e urina.
A señora doutora, arxentina probablemente, quitoulle ferro ao asunto, pero falou xa de dieta e ordenoume facer unha ecografía abdominal e análises de sangue e urina.
Pero hoxe o día está tan soleado que teño que fuxir da casa sen remedio; en media hora terei á porta a Polis co batmóbil. E é que nos dixeron que en Portomarín estes días o nivel das augas está baixo mínimos e que a vella vila mergullada se deixa ver como nunca.
Mañá mostrareilles aquí os resultados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario