luns, 18 de xullo de 2011

75 anos


Mañá, 19 de Xullo, a fotografía que Agustí Centelles tirou deste garda de asalto enfrentándose aos sublevados no Carrer da Diputació de Barcelona, cumpre 75 anos.
O local é hoxe unha farmacia rodeada de tendas e cafeterías, pero nas pedras da fachada os impactos das balas seguen aínda presentes de maneira indeleble.
Impresionoume esta fotomontaxe, que atopei google adiante; nunca foi máis certo que unha imaxe  vale máis que mil palabras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...