mércores, 29 de marzo de 2006

Influenza

Tócame con suavidade.
Faime tirar a camisa: percórreme o lombo e o peito con demora e dedos fríos, e repite a acción no pescozo e na caluga, con mans expertas; desagrádame o que me fai nas orellas, no nariz, pero consinto, inmóbil e case nu no centro do cuarto.
A seguir escoita bater o meu corazón e, por último, emite o seu diagnóstico, que eu xa sei de memoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...