sábado, 18 de marzo de 2006

Insecto

Cando acordei esta mañá despois dun soño intranquilo, achei-me sobre a cama convertido nun monstruoso insecto. Estava deitado bocarriba cunha tremenda dor de cabeza e, o que era pior, sentindo un desasosego profundo e un gran cargo de conciéncia.
A noite pasada saín.
Por contar-lle a Vapin os motivos polos que non irei a Londres, polo San Patrício, por celebrar tamén o éxito da dieta... o caso é que, de inteirar-se, o internista choraria o meu pecado: tres cañas e catro tapas de queixo manchego. E non atenua o meu remorso o formoso gorro negro e verde de leprechaun ou bufón que me regalaron na Cova polo San Patrício e que agora, se puxo contra a dureza dos élitros e curvo un pouco o abdome, apenas dou alviscado desde aqui, imóbil mirando o teito, co portátil sobre o meu tórax quitinoso, mentres escrevo isto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...