domingo, 5 de marzo de 2006

Mistetas

O aviso de que Tere Holmes está en Ithaca pilla-me tarde e por sorpresa; a miña filla está comigo, os dous mergullados nun finde doméstico: de volta de xantar cos avós, encerramo-nos na casa fuxindo da ventisca, o frio e o dilúvio.
Despois de repasar a letra p, que como todo o mundo sabe é bastante difícil (pa, pe, pi, po, pu, pau, pio, pepe, pai), e mentres merenda, a nena quere ver a sua película favorita; pero antes de que os níveis de glicose en sangue se nos disparen, acorda-se de contar-me o chiste aquel da pobre señora que perdeu un can chamado Mistetas...
Estrañado e gozoso, miro como cai a choiva, e supoño que este mundo en realidade non deveu mudar tanto cando, 35 anos despois, a miña filla conta o mesmo chiste que eu contaba aos seus anos.
Provavelmente, algo asi deveu pensar Noé cando llo escuitou a Sem unha tarde escura, dentro da arca á deriva, por matar o tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...