Pouco a pouco, esta blog vai-se povoando de finados.Inteiro-me deste por Nican, que me chama para contar-mo: hai poucos dias soterraron no claustro da Catedral o que fora profesor meu de Filosofia en 2º, coengo e carca, do que apenas gardo unha lembranza: Nietzsche, home intelixentísimo, e un demente; fixen-se vostedes que mantiña tratos carnais coa sua própia irmá, non lles digo máis...
E non nos dixo: entrou a saco a batallar contra o materialismo histórico, e daquel demo incestuoso nunca máis se soubo.
Anos despois, o Inverno anterior a Lisboa, Nietzsche seria o tema da inacabável tese de Laura; tamén o nome do seu cadeliño coxo e agradecido, aquel que unha mañá recollemos nunha estrada comarcal baixo a choiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario