domingo, 30 de abril de 2006

Acabou-se

Despois de remexer Roma con Santiago, e poñer patas arriba os armários dos amigos, o máis provável é que acuda ao casamento sen gravata.
As cousas están tan revoltadas que até a miña filla aportou o seu graociño de area ao debate, e propuxo que leve unha gravata de papel atada cunha goma que recortou e decorou coas suas própias maos onte pola tarde.
Nen sequer cando casei tiven tal dilema, pero esa foi outra história.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...