Vexo que as miñas reservas encol da gravata-da-testimuña son tamén as vosas certezas, algo que só en parte me tranquiliza.Dous dias após o episódio do gardarroupa, reprimo os piores instintos para non aparecer na páxina de sucesos local (ao cabo, pode-se contar cos amigos para todo, non sendo para estrangulá-los), e pido unha segunda opinión cualificada, agora a Vapin; mañá terei a nova candidata para o meu pescozo.
Empezo a estar tan farto de todo isto que non sei se claudicar, atendendo certas voces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario