Da lumeirada de onte, pouco que dicer porque o importante nunha noite asi son as sensacións, e esas non faltaron; boa parte delas viñeron para a casa comigo e ainda non me dei librado dalgunhas: resaca, ou do resólio traído en duas botellas sen caveira indicando perigo ou do morápio procedente dalgun arsenal de armamento químico; peste na roupa de fume e sardiñas que enchia o cuarto esta mañá cando acordei; marcas de tisne e graxa nas maos, na cara e (sorprendentemente) no pescozo, que só puiden borrar esfregando a consciéncia baixo a ducha; e tal malestar de estómago e intestinos como non desexo ao pior dos inimigos.Entre os asistentes, Ti, Vapin, Estridente (acompañada por un calvo de 55 tacos), Polis, Mirinda (afortunadamente para todos, Vladimir renunciou a vir no último momento), Constance con duas amigas alternativas, antiglobalizadoras e politicamente correctas, Cris, Incombustível no seu coche (para que bebas e non nos pase nada) e quen isto escreve.
Escusaron a asisténcia Tere Holmes (desde o exílio) e Nican.
No capítulo de perdas e desastres: o tacón roto de Estridente cando rendia homenaxe á diva falecida, o foulard de Ti abrasado mentres ela remexia no lume, a aleta traseira do coche de Incombustível rascada contra unha árvore ao aparcar, e a dignidade de Vapin, mui maltreita tras caír de cu nun rego enlamado cando viña de mexar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario