luns, 24 de xullo de 2006

Ignición

Recén saído dun cruxol, de pasar dias sobre unha grella, dunha forxa, do máis ardente dos infernos, dos altos fornos nos que se funde o aceiro, do interior dun volcán en erupción, asi regresa Polis do seu finde na praia.

Non direi que percebin a calor do seu corpo incandescente através da porta cando me abriu, pero ben podia ter sido; na cociña, mentres lle paso toallas molladas para arrefecer o lombo, Polis conta-me que esqueceu levar a crema! que pasou horas a dar-lle ao patin no mar e ao volei na area, todo por seguir-lle o xogo a un tipo que resultou ser hetero!

Muitas toallas molladas despois, cando aparecen as primeiras bochas no lombo e a dor de cabeza, consigo que a antorcha humana venza a vergoña e imos ás urxéncias: Doutor House, non se che ocorra falar-me agora de melanomas, di ainda tras o martírio de poñer a camisa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...