mércores, 26 de xullo de 2006

Pésame

A espera terminou: o pai de Vapin morreu, consciente e rodeado dos seus; docemente ao parecer, segundo nos conta o própio Vapin no vestíbulo do tanatório.
Ti, Nican, Cris, Tere Holmes e eu estamos a este lado do rio de siléncio que corre sempre nestas ocasións; ao outro lado están, como nunha illa de tristeza, unha muller de pelo branco e os seus fillos, dous deles amigos nosos, para os que non hai consolo.

E en todos, a mesma perplexidade perante a morte, como no princípio dos tempos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...