martes, 22 de agosto de 2006

Postais


A chegada de tres postais en poucos dias, desde Malta, desde Lisboa e desde Donósti, onde están ou estiveron Polis, Estridente e Nican, respectivamente, e a continuada exposición aos turistas que este Verao invadiron Ithaca, fan abalar a firmeza da miña decisión de non viaxar este ano.

É ben certo, sen embargo, que a cidade se mantivo a salvo de eventuais saqueos mercé ao calado lavor dos que, coma min, permaneceron nos seus postos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...