martes, 8 de maio de 2007

Mia senhor



Pregunto no exame de literatura medieval como chamaba o trovador á muller amada nas cantigas de amor; basta con escribir duas palabras para contestar, aclarei.
Hoxe ao corrixir vin que un alumno respondera, efectivamente con duas palabras, Mari Carmen.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...