domingo, 6 de maio de 2007

Reinício



Non fora senón un até logo. E aqui estou de novo tras a espantada e o siléncio, pero agochado a ver esta vez por canto tempo.
Cando hai dous meses marchei repentinamente, fixen-o abafado e aborrecido, sentindo-me acosado, farto principalmente de non poder contar aqui determinadas cousas porque habian de ser lidas tarde ou cedo pola miña amiga no exílio: estaba a construír un castelo arredor da miña vida, e por contra deixaba unha porta aberta pola que se podia axexar dentro.
Ao longo deste Inverno fun reorganizando e acondicionando o entorno: talvez máis solitário que nunca, rodean-me agora unicamente a miña filla e o resto da família, os meus amigos do traballo, e pouco máis, porque os outros, os de sempre, parecen estar agora máis lonxe que nunca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...