domingo, 14 de decembro de 2008

Neve

Inesperadamente, Ithaca amenceu hoxe amortallada pola neve. Velaquí algunhas das fotos que tirei esta mañá na muralla. Balance da expedición: máis de cinco ducias de fotos, roupa a secar polos radiadores, e un descubrimento: teño que mercar unhas botas novas porque estas están furadas.

Praza Maior desde a Porta do Bispo Aguirre

Constitución e Ronda desde a Porta do Campo Castelo


Tellados da rúa de San Pedro

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...