Meus pais van en Lourdes.
Como as outras, desta tamén nos preguntan que pedimos á Virxe e aproveitamos a ocasión para pedir a miña irmá cobrar unhas facturas pendentes, a miña sobriña que lle medren dunha vez as tetas, a señorita Kaplan, entusiasmada co agasallo dun Barbie macho, completar a familia, pero non me atende: prefire unha Barbie embarazada antes do que unha Barbie divorciada coma a do chiste, que traia de serie a casa de Ken, o coche de Ken, a moto de Ken; para cando eu pido un coche novo e o bote da primitiva a miña pobre mai está xa dos nervios, di que non temos respecto e acaba ameazando con que vai pedir para nós o que a ela lle pareza que nos convén máis.
Non hai dúbida de que o fará; como cando pedíamos aos Reis Magos o madelman, o coche de bombeiros con luces e serea, o cinexín ou a colección completa do Capitán Trueno, e o que deixaban eran sobre todo xerseis, pixamas e roupa interior.
(Aqueles slips e, o peor do peor, aquelas camisetas de tirantes con furadiños, arghhh!)
Ningún comentario:
Publicar un comentario