Efectivamente, o centro da cidade converteuse no decorado dun peplum de medio pelo, hai teas vermellas e colgarexos inverosímiles nas fachadas, as tendas e almacéns fan negocio poñendo a xente á moda de Roma, anúncianse casamentos celtas, a radio informa do cambio de euros a denarios e até o noso alcalde saiu na prensa caricaturizado de Nerón ou algo.
Que ninguén me busque vestido de senador, centurión, matrona, escravo, resistente castrexo, invasor normando ou meretriz por estas rúas porque non hei de estar, nin siquera coma o romano do futuro que son.

Arda Lucus, que eu, xa queimado, marcho hoxe a visitar a Haddock. Ave!

Ningún comentario:
Publicar un comentario