Non contei aínda que a semana pasada, antes de que os vendavais dos anos e o climatolóxico puxesen patas arriba algunhas cousas, estiven na terra de Teddy para visitalo e coñecer a súa amiga MB, que é dona dunha fermosa casa (que bos momentos temos pasado neste xardín, comentou Teddy, non sei se xunto ao estanque das carpas ou ao pé dos bambús ou baixo a parra coa follateira de ouro).
Se o día apenas deu para pór o pé na mesma Celanova, por contra as circunstancias convertéronnos en improvisados porteadores de cadros e, tras unha visita ao esquecible santuario kitch da Armada e un xantar amigable, asomeime con eles á fermosísima igrexa de San Pedro da Mezquita (abaixo), cos agnus dei e as figuras animais de ferocidade pétrea, co cemiterio florido recén pasado o día de Todos os Santos.
Paseamos porfín pola adormecida e morriñenta Vilanova, mentres o solpor caía sobre a torre e os tellados, e acabamos conversando os tres ao pé do lume nunha lareira antiga e restaurada en que ardían ramiñas de figueira.

Ningún comentario:
Publicar un comentario