sábado, 25 de decembro de 2010

Na barbería

Tal día coma este de 1977 falecía Charles Chaplin; aquel mesmo ano e con varias décadas de retraso, os españois puidemos asistir á estrea d' O gran ditador, película que denunciaba maxistralmente a abominación dos fascismos e en que o noso particular ditador se víra retratado; dela escollemos a secuencia en que o barbeiro xudeu atende o seu cliente.
Para comezarmos o día de Nadal con música, cine e un sorriso tenro que anda pertiño da gargallada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gorxa

Inauguro o curso cunhas molestias na gorxa. Despois de tres días, asumo que isto non se irá así como así e onte vou ao médico da tarde (o da...