Do bon, do regular e do excelente, do de onte e do de antonte principalmente, comprado, pirateado, prestado e televisado, e tan só dúas veces visto en sala de cine; nótase a pegada da señorita Kaplan, non xa no aumento do cine infantil e de debuxos, senón tamén na presenza de moito cine clásico, requetevisto polos adultos e que agora a televisión non programa case nunca, pero que a nena non pode quedar sen ver: nada malo hai en que comparta tardes con Hanna Montana e Greta Garbo, con Bob Esponxa e con Gregory Peck.
Ningún comentario:
Publicar un comentario