A señorita Kaplan marchou xa para a casa da súa mai, preocupadísima co tema das uvas e dos agasallos pendentes no seu outro hemisferio familiar.
A este lado da familia, eu cearei na dos meus pais, non sen antes facer de taxista ao longo da tarde carrexando parentes: cearán ademais connosco as tías O. e G., irmás de meu pai, e como xa é tradicional, o tío H., irmán da miña mai; seremos nove en total, pero sumando os anos de todos (563) poderíamos recuar até antes da caída de Constantinopla ou avanzar no tempo até nos situarmos nun incerto século XXVII.
En lugar diso, rillaremos no marisco e cearemos o cabrito en paz, ben instaladiños no presente, e todos xuntos daremos a benvida a un ano que, se Deus non o remedia, parece que se nos presenta vestido dun gris marengo que pon medo.
Feliz 2011 e moita sorte a todos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario