Atopo por aí unha entrevista no diario Público a José Luís Sampedro, un dos que nos chaman a revoltarnos até lograrmos unha democracia efectiva. Como non admirar este home lúcido, honesto e rebelde que ergue a voz contra un sistema caduco e enfermo, e que entre outras cousas afirma denuncia:
Que fai Europa nestes momentos? Nada. Non estamos xa en mans dos financeiros senón nas de tres ou catro grandes empresas de valoración da confianza. Que fixeron os gobernos? Suprimiron os paraísos fiscais? Corrixiron a conduta dos bancos? Non! Os bancos que crearon a crise en 2008 hai tempo que se repuxeron tranquilamente e anuncian os seus beneficios mentres os parados seguen parados. Chámense como se chamen, todos os gobernos actúan obedecendo aos intereses do capital.


Ningún comentario:
Publicar un comentario